Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura e arte
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas O alumno, como parte do seu traballo autónomo, haberá de ler algúns textos facilitados pola profesora, tanto para o seu traballo tutelado como para algunhas das actividades propostas. Neste caso, a lectura terá que estar realizada con anterioridade á actividade. Dunha das lecturas propostas, o alumno haberá de realizar unha recensión bibliográfica que entregará á profesora na data indicada. Neste traballo cualificaranse os seguintes aspectos:
- claridade expositiva
- calidade lingüística
- capacidade crítica
- capacidade de síntese
20
Presentación oral O alumno haberá de presentar en público o traballo tutelado realizado e ser capaz de responder a cantas preguntas fáganselle respecto de obxectivos, estrutura, metodoloxía e fontes. Para a súa cualificación teranse en conta os seguintes aspesctos:
- claridade e fluidez expositiva
- emprego de recursos de apoio
20
Traballos tutelados O alumno haberá de mostrar que foi capaz de asimilar correctamente os contidos da materia e plasmalos no traballo persoal. Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así como a súa correcta presentación e logro dos obxectivos propostos. 50
Sesión maxistral Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno nas aulas 10
 
Observacións avaliación

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades  avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará a alumnado afectado no inicio do curso.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar
tódolos instrumentos de avaliación arriba descritos, coas mesmas
porcentaxes que na primeira edición. Nesta segunda oportunidade a data
de entrega das actividades e traballos tutelados será a mesma fixada
para o exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes