Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013) |
Asignaturas |
Recursos bibliográficos e xéneros científicos |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Recursos bibliográficos e xéneros científicos | Código | 613836005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | O curso desenvolverase a través de aulas presenciais e do traballo persoal autónomo dos/das estudantes en horas non presenciais (estudo do temario a través das lecturas obrigatorias, preparación dos exercicios de aplicación e elaboración dun traballo tutelado). O curso iniciarase cunha sesión presencial en que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e os sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formulen os/as estudantes en relación con estas cuestións. Os temas do programa impartiranse a través da exposición básica dos contidos e da presentación de recursos por parte do profesor en SESIÓNS MAXISTRAIS. |
Lecturas | Realizaranse LECTURAS semanais de textos previamente escollidos e dispostos para o profundamento e discusión académica dos temas do programa. |
Seminario | As sesións maxistrais complementaranse con outras (SEMINARIOS) que servirán para que os/as estudantes poidan presentar os resultados do seu labor nas ACTIVIDADES de aplicación a situación concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Algunhas destas PRÁCTICAS desenvolveranse con equipamento especializado na aula informatizada. |
Solución de problemas | Como complemento das súas explicacións (nas SESIÓNS MAXISTRAIS e nos SEMINARIOS) o profesor tamén fará propostas de actividades de aplicación (PRÁCTICAS) que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais. |
Traballos tutelados | O/A estudante elaborará un TRABALLO TUTELADO, para o cal se ofrecerán varias opcións. |
Proba mixta | O/A estudante realizará unha PROBA ESCRITA final que se realizará na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Esta proba abranguerá os contidos das sesións maxistrais e das lecturas obrigatorias, e tamén poderá constar de exercicios de aplicación. |
|