Sesión maxistral |
Avaliarase a asistencia, participación e a actitude de cada alumno/a nas sesións expositivas. |
5 |
Proba obxectiva |
Realización dun exame final onde haberá preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta breve ou test sobre os contidos impartidos nas sesións teóricas e os desenvolvidos polas fontes de información bibliográfica. |
40 |
Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo tutelado. De non acadar esta puntuación nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.
De non acadar a puntuación mínima de aprobado na oportunidade de xuño, en xullo haberá unha segunda oportunidade de superar traballo e proba.
O estudante será cualificado como non presentado cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
Aos estudantes que teñan unha modalidade de matrícula con dispensa de asistencia seralles aplicadas as porcentaxes do 50% para o traballo e o 50% para a proba mixta final.
|