Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013) |
Asignaturas |
Comunicación oral |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación oral | Código | 613836052 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Obradoiro | Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. |
Presentación oral | Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Discusión dirixida | O alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema relacionado coa materia, baixo a coordinación dun moderador ou moderadora. Entre os temas de discusión incluiranse diversos aspectos das lecturas obrigatorias, segundo a distribución feito polo profesor. |
|