Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua e Cultura Clásica |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Cultura Clásica | Código | 613G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Lecturas | O estudante dará conta do aproveitamento das lecturas obrigatorias por medio de exercicios específicos de control de lectura. | 10 |
Traballos tutelados | Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para superar a materia. | 20 |
Análise de fontes documentais | As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. | 20 |
Proba obxectiva | Probas escritas individuais de carácter práctico e teórico, que se efectuarán, respectivamente, a metade e a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Requirirase unha cualificación mínima de 4 en cada unha destas probas para poder facer media cos demais conceptos. | 50 |
Observacións avaliación | ||
En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non se presentasen en tempo e forma. O estudante será cualificado con Non Presentado en caso de que non realice as probas obxectivas previstas. O estudante matriculado na modalidade de tempo parcial será dispensado de asistencia ás sesións prácticas. A porcentaxe da avaliación correspondente a estas será compensado na baremación das probas obxectivas, que pasarán do 50% ao 70%. |
|