Lecturas |
Como xa se explicou, as lecturas son a base na que se sustenta o éxito do curso e no curso. Sen elas, non é posible acceder a ningunha das outras tarefas, polo que inciden no 100% da nota de cada estudante. Para incentivar o esforzo continuado coas lecturas asignadas, haberá tests de lectura. |
10 |
Traballos tutelados |
Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, exposicións orais, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar nas clases de D.I. e T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. |
30 |
- Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
- Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
- A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita (co
mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na oportunidade de xuño) que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar na data do exame e que contarán o outro 50% da nota. - O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as porcentaxes de "Discusión dirixida", "lecturas" e "traballos tutelados".
|