Workshop |
Nos grupos medianos e, principalmente, nos pequenos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de traducción, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas, etc) baixo a supervisión do profesorado. |
Mixed objective/subjective test |
Haberá unha proba na data oficial en xuño. Nela determinarase a competencia de cada estudante no tocante aos conceptos vistos e, principalmente, a súa destreza traducindo. |
Supervised projects |
Exercicios relacionados coa traducción, supervisados polo profesorado, individuais ou en grupo, feitos na clase e/ou fóra, segundo determine o profesorado en todo momento. |
Critical bibliographical |
A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. |
Workbook |
Lecturas relacionadas coa materia. |