Observacións á
avaliación.
Por
esixencias do deseño da aplicación con que se elabora esta guía docente, as
porcentaxes anteriores son só orientativas.
Para seren aceptados, os traballos e
actividades deberán entregarse ou exporse na data establecida.
O/A estudante terá avaliación e cualificación
sempre que acuda ao exame. De non presentarse ao exame, a cualificación será de
"NON PRESENTADO/A".
Non se poderá aprobar a materia sen acadar
unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. Non se pode obter o 100% da cualificación final con esta
proba. A cualificación final de todo o alumnado responderá a una distribución
porcentual.
Na segunda oportunidade (xullo), a data de
entrega das actividades será a do día fixado oficialmente para o exame.
Aqueles estudantes que obteñan o
recoñecemento da dispensa académica deben poñerse en contacto co profesor para as
actividades que este determine en cada caso.
Os traballos escritos terán como único
soporte o papel, non o correo electrónico.
É
indispensable a corrección ortográfica, de redacción e de presentación. Cada
falta grave pode supor até medio punto na avaliación particular da actividade.