Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia da Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Recensión bilbiográfica Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. 15
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 40
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo,
na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de
reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda oportunidade, en xullo, o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta)
e/ou cando tiver entregado un número inferior de actividades ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes