Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar ocasionalmente na clase en conxunto nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titorización de grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva).
Lecturas Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de estudo de documentos e lectura de textos (maioritariamente) literarios darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral Nas horas asignadas a D.E., o profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa desde os seus orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos desenvolveranse despois nas clases de D.I. e T.G.R.
Traballos tutelados Individualmente e en grupos pequenos, o alumnado deberá levar a cabo traballos de tipo diverso (resumos, análises, ensaios, respostas breves, controis de lecturas, etc.) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero tamén de búsqueda de información, elaboración de esquemas, procesos de revisión e edición, etc.
Seminario Nas horas adicadas a T.G.R. centrarémonos en profundizar na discusión e exposición oral e escrita, de xeito razoado, como corresponde a este entorno académico, das interpretacións xeradas polas lecturas e a aprendizaxe levada a cabo nas clases de D.E. e D.I.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes