Proba mixta |
Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. |
50 |
- Entrega de traballos tutelados: 25-10-2013; 22-11-2013; y 20-12-2013
É necesario entregar os 3 traballos para poder optar a que se sumen o
resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. Non serán
recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases (expositivas, interactivas e en grupos reducidos).
As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba
oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas
datas debe xustificarse documentalmente.- Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade
para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o
cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben
asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fóra nas
vacacións de Nadal. Isto é válido tanto para os/as alumnos/as da UDC coma para os/as alumnos/as Erasmus. - Proba oral: entre o 3 e o 20 de decembro 2013. As datas e horas exactas anunciaranse en Moodle.
- Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.
A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico,
basearase na repetición da(s) parte(s) da avaliación que non se
superaron, conservando as mesmas porcentaxes.- A oportunidade de
xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas;
soamente é para recuperar as partes non aprobadas. - Obterá unha
cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e que realizase menos do 50% do resto do traballo. - Aqueles alumnos que oficialmente están matriculados a tempo parcial e posúan unha dispensa académica, tal e
como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán
avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para
a segunda oportunidade de xullo. - Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
curso na que o/a estudante estea matriculado/a. Obviamente, a primeira obriga
dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
terceiro e cumprir as tarefas esixidas.
|