A materia non se poderá superar sin sacar alomenos un 5 en cada unha das probas, de completar e obxectiva.A proba de completar só se realizará unha vez.De non acadar o mínimo para aprobar poderase repetir xunto coa realización da proba obxectiva.
A incorrección lingüística, oral ou escrita, será penalizada na cualificación de todas as actividades avaliables.
O alumno será avaliado sempre e cando acuda ao exame final e teña entregado as actividades correspondentes ao 50% da nota global (proba de completar, presentación oral).De non ser así, a cualificación será a de NON PRESENTADO.
Dentro da mesma convocatoria, os estudantes terán dúas oportunidades
para realizar a proba obxectiva ou exame final: a primeira será ao
rematar o segundo cuatrimestre e a segunda realizarase no mes de
xullo. Na segunda oportunidade o 100% da avaliación distribuirase como segue independentemente de que teñan aprobadas algunha das probas ou a presentación oral: o exame final, que incluirá unha proba de completar, equivalerá ao 50% da nota. O 50% restante avaliarase mediante a realización dun traballo relativo a un dos temas que se especifica no apartado de CONTIDOS.
A asistencia e participación nas aulas equivalerá a un 10% da nota que, por limitacións da aplicación informática, computaráse dentro da presentación oral. Os alumnos con dispensa academica presentarán por escrito un traballo equivalente á presentación oral.