Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Literatura Poscolonial
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia.
Document analysis Este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise textual, neste caso da narrativa ou poema que se está a estudar en cada tema, e será a metodoloxía máis utilizada nas aulas de docencia interactiva (DI), co grupo intermedio, xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados e redactados en clase, neste caso nomeadamente nas clases co grupo grande (DE) serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo análises textuais nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xuño e xullo).
Guest lecture / keynote speech Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE).
Directed discussion Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, o alumnado será animado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Pode ter lugar ocasionalmente nas clases correspondentes ao grupo grande, pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas ao grupo intermedio, de docencia interactiva.
Long answer / essay questions Estas probas inclúen tanto exercicios de clase como probas finais. Consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas (essay questions). A meirande parte destes exercicios levaranse a cabo en clase (previsiblemente no horario correspondente ao grupo completo), se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo probas de ensaio nas datas oficiais de exames (xuño e xullo).
Problem solving Este tipo de metodoloxía atenderá tanto ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises, estudo de casos e probas, como aos problemas prácticos plantexados nos traballos e presentacións orais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes