Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. As probas escritas incluirán os comentarios de texto e probas de ensaio feitas ao longo do cuadrimestre, ademáis dunha proba final (análise textual, preguntas, ensaio) de máis peso na oportunidade de xuño. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación (40% exercicios escritos ao longo do curso, 30% das probas finais, 30% de actividades e participación). So as/os estudantes que tiveran realizado alomenos un 50% da avaliación continua poderán presentarse ás probas finais de xuño; as/os demáis terán que realizar esas probas en xullo.
ESTUDANTES CON DISPENSA: Para complementar ás probas de xuño, as/os estudantes matriculados a tempo parcial e con dispensa académica concedida terán dereito a realizar probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (40%) e terán unha entrevista oral individual coa profesora en sustitución das discusión dirixidas e outras actividades orais (30%). En calquera caso, a/o estudante que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar os axustes necesarios no proceso de aprendizaxe-avaliación.
CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) alumno/a que non se presente á proba de xuño ou na oportunidade de xullo acadará a cualificación de NP so cando non tivera feito máis do 50% das actividades durante o curso.
AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada unha en cada un dos tres apartados de avaliación (exercicios escritos ao longo do curso, participación e actividades orais, probas finais de xuño), aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación de probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (análise textual e ensaio), probas finais segundo o modelo das probas de xuño, e mais unha entrevista ou actividade oral en sustitución das discusión dirixidas, participación en clase e outras actividades.