Unha parte fundamental dos Sistemas de Información son os datos. A materia de Modelado Avanzado da Información enfócase precisamente neles, na correcta conceptualización destes de forma que poidan resistir os cambios tecnolóxicos que inevitablemente suceden. Estes cambios afectan tanto á tecnoloxía de almacenamento dos propios datos como ao que é máis variable aínda, a tecnoloxía que se utiliza na súa explotación. Faise polo tanto énfase no concepto, por enriba de uso, cunha orientación clara cara á compartición destes.
A continuación analízase a transformación dos modelos conceptuais en modelos lóxicos, utilizando para eles dous tipos de modelos: os relacionais e os de obxectos.
Abórdase tamén a problemática do tratamento da información non estruturada ou parcialmente estruturada, introducindo as bases de datos documentais como exemplo frecuente de integración entre tecnoloxía relacional e tecnoloxía de obxectos.
Por último trátanse o problema das transaccións, a súa importancia no deseño dos Sistemas de Información e as técnicas empregadas no seu control.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías