Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Física aplicada I
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Realización dos exames organizados na planificación xeral do curso. 90
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas reais ou virtuais relativas ós contidos da materia. 10
 
Observacións avaliación

As porcentaxes indicados no esquema anterior son orientativos, tendo en conta que a planificación da materia é un elemento "vivo" e que pode verse suxeita a variación debido a imponderables ao longo do curso. O que si se aclara é que a nota final de cada alumno estará baseada sobre todo nos resultados que obteña nos exames propostos polo centro (parciais e finais), e que se verá completada con outros aspectos como a realización das prácticas de laboratorio e coa entrega de exercicios propostos para realizar fóra das horas de clase ao longo do curso.


A asistencia a clase e a participación así como os resultados obtidos en probas "sorpresa" servirán só para redondear ou definir a nota final.


A continuación se detallan as normas básicas a seguir durante a realización da proba mixta:


 


-Na mesa de la proba só se poderá ter instrumentos de escritura, calculadora e DNI


-Os teléfonos móbiles deberán estar en todo momento desconectados e gardados, non puidiendo ser utilizados nin para consultar a hora


-A folla de exame se volteará cando o indique o/a profesor/a


-Deberán numerarse as follas correctament e asinarse na primeira e na última folla do exame. Non se poderá facer o exame a lápis nin usar ningún tipo de corrector


-Cada alumno estará atento únicamente ó seu exame, calquera intento de botar unha ollada ó exame dun compañeiro supondrá a perda de 1,5 puntos.


- En caso de reincidencia retiraráselle o exame. En caso de transmisión de información entre alumnos o exame lles será retirado ós dous.


-A duración do exame será fixada polo/a profesor/a ó comezo do mesmo; non habendo tempo extra, salvo indicación en contrario.Cando  remate o  alumno se marchará sen facer ruido nin comentario algún, en caso contrario poderá ser sancionado coa pérdida de 1,5 puntos


-A data e hora da revisión serán únicas, só se atenderán excepcións que estén moi xustificadas. Pasarase lista antes darevisión, non puidiendo incorporarse á mesma alumnos que cheguen con posterioridade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes