Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Practicum II Código 652G04045
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 20
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Medicina
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Vilariño Vilariño, Maria Isabel
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
isabel.vilarino@udc.es
Web http://http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral PRERREQUISITOS:

Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 140 créditos e mais o Practicum I.

CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE

Dos 20 créditos ECTS da materia (500 horas), 200 son de carácter presencial e 300 de carácter non-presencial ou de traballo autónomo.
Das 200 horas de carácter presencial, 180 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras, e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma titorías na Facultade.

O Practicum II, xunto co Traballo de Fin de Grao constitúe a única materia a cursar no segundo cuadrimestre do cuarto curso.

CONTEXTUALIZACIÓN

No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudio acorde cos requirimentos do novo Espacio Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais; senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación, situando a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta para a organización do curriculum, onde a reflexión sobre a experiencia converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

O marco conceptual ven dado polos obxectivos xerais para o Grao de Logopedia , fixados pola Orden Ministerial CIN/726/2009, que establece que as competencias propias da logopedia non poden ser desempeñadas por ningún outro profesional ou disciplina.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes