Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñeiro Naval e Oceánico
 Asignaturas
  Economía da Empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais abordarase o coñecemento teórico dos dous primeiros módulos. Desenvolveranse conceptos de contabilidade financeira (interpretación, elaboración e análise de contas anuais e estudos de sistemas de custos). Realizaráse en aula convencional apoiándonos en pizarra e uso de presentacións con portatil e canón.
Solución de problemas Os problemas da primeira parte son de elaboración de anotacións contables e contas anuais (balances conta de perdas e ganancias, memoria).
Os problemas da segunda parte serán de definición de sistemas de custos históricos (custos procesos, pedidos, estándares e análise de desviacións, custos baseados nas actividades ABC)
Prácticas a través de TIC Realizaranse modelizacións de sistemas de custos e aplicaránse á resolución mediante a folla de cálculo de sistemas de custos comparados.
Realizarase modelización de casos de creación de empresas e de análise económico-financeiro de proxectos de investimento
Estudo de casos Estudaremos casos de solucións de problemas de control de xestión e custos en empresas existentes, baseándonos en bases de datos empresariais de carácter económico.
Estudaremos os modelos de avaliación que realizan diversas Sociedades e Fondos de Capital Risco e súa aplicación a casos de empresas existentes que contrastaremos coa evolución dos seus datos publicados en bases de datos especializadas
Proba mixta Consistirá nunha proba escrita e unha proba realizada en aula de informática sobre diversos casos de contabilidade financeira e analítica
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes