Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais
 Asignaturas
  Técnicas computacionales en Ingeniería Industrial
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer a estrutura e ser capaz de elaborar un documento científico-técnico.
A2 Coñecer as ferramentas para o manexo de bases de datos bibliográficas.
A14 Coñecer e manexar ferramentas informáticas propias da investigación en Enxeñaría Naval e Oceánica
A16 Coñecer e manexar técnicas específicas usadas nunha das liñas de investigación asociadas ao itinerario de enxeñaría naval e oceánica
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B8 Resolver problemas de forma efectiva.
B11 Traballar de forma colaboradora.
B13 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B18 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B20 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
B24 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes