Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  ENERXÍAS RENOVABLES
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame final 1ª parte
Realizarase un exame dividido en dúas partes, nunha primeira se desenrolarán preguntas de teoría e nunha segunda parte faranse un ou dous problemas, segundo criterio do profesor. Os temas que abrangue esta primeira proba obxectiva van dende o primeiro (radiación solar) continuando cos temas de solar fotovoltaica (temas II.III,IV,V) ase como a parte de solar térmica (temas VI,VII,VIII). A distribución na cualificación dos diferentes pesos correspondentes a cada unha das partes da proba, está suxeito o criterio do profesor, que os distribuirá tendo en conta os grados de dificultade. Dito criterio notificarase no momento de principiar a proba obxectiva.
40
Presentación oral E obrigatorio a defensa do traballo tutelado. A presentación dos traballos tutelados farase individualmente, a non ser que a natureza do traballo fose quen de requirir mais de un alumno. Nese caso, os alumnos planificarán conxuntamente a defensa, no que claramente cada alumno se responsabilizaría da defensa dunha parte do traballo, consensuando con antelación co profesor a distribución dos poñentes na defensa do traballo. A nota obtida será a mesma para a totalidade dos integrantes dese grupo asignado para o traballo. A cualificación do traballo tutelado + a defensa oral e de 15 puntos sobre os 100 de cualificación máxima que podería ter como nota final da asignatura 2
Proba obxectiva Exame final 2ª parte
Realizarase un segundo exame nas datas aprobadas pola escola, dita proba estará dividida en dúas partes: 1ª parte, na que se desenrolarán preguntas de teoría que inclúen os restantes capítulos do temario (temas do IX o XIX) 2ª parte, na que o alumno deberá vir con calculadora e unha regra a maiores do bolígrafo, faráselle entrega dos enunciados de problemas. A distribución dos pesos de cualificación das diferentes partes da proba obxectiva farase en función do grado de dificultade das dúas partes. O profesor notificará dito criterio no momento de principiar a proba obxectiva.
As saídas de campo evaliaranse cun cuestionario que se entregara coa parte de preguntas de teoría cun valor do 15 puntos
40
Traballos tutelados O alumno realizará un miniproxecto que entregará nun prazo fixado polo profesor. Traballo que defenderá cunha presentación oral de media hora como máximo en audiencia pública para o resto dos matriculados da asignatura. O profesor pode propoñer traballos con maior envergadura que requirirían a intervención de mais de un alumno para a súa resolución
E imprescindible a defensa oral para recibir a cualificación do traballo tutelado
8
Sesión maxistral A presenza e participación nas clases aportará un máximo de 5 puntos de xeito tal que a nota total nunca poderá superar os 100 puntos 5
Solución de problemas O alumno entregará nos prazos estipulados polo profesor cada un dos problemas da colección que se lle requira. A escolma de problemas que se lle facilitará colgará da paxina web da UDC Quedando a liberdade do profesor a petición individual de defensa das resolución dos problemas, ase como a entrega dos mesmos o alumno xa corrixidos. Podendo acadar como máximo 5 puntos sobre os 100 de cualificación final máxima da asignatura . 5
 
Observacións avaliación
<p>  As probas obxectivas son liberatorias o acadar unha cualificación igual o superior o 50% da cualificación máxima do exame.
As probas obxectivas Son compensatorias acadar unha cualificación maiores o iguais o 35 % da cualificación máxima do exame.
E obrigatoria a asistencia as visitas e acadar no traballo tutelado+ presentación oral o 50% do seu valor.
As partes liberadas terán validez para as convocatorias dese ano académico.
A parte porcentual na cualificación das saídas de campo e dun 10%.Se xurdise algún impedimento para facer total o parcialmente as saídas de campo a porcentaxe da cualificación engadiríase equitativamente as dúas probas obxectivas.
O exame final farase en duas probas obxectivas sendo os seus pesos de cualificación suxeitos a modificacións se no transcurso do curso non se chegara a dar todo o seu temario. </p>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes