Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Organización e xestión da empresa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba ou probas escritas, tanto de teoría como de práctica, a desenvolver durante o curso
40
Traballos tutelados Dado que existen dous tipos de traballos tutelados, levarase a cabo unha desagregación da súa porcentaxe:
- Exercicios propostos: 20%
- Portafolio do alumno: contidos (30%) + exposición oral (10%)
60
 
Observacións avaliación

Os alumnos elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte:

  • Avaliación continua: como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (40%), exercicios propostos (20%), contidos do portafolio (30%) e exposición oral do portafolio (10%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou superior a 4 puntos para facer media có resto (exercicios propostos, contidos do portafolio, exposición oral do portafolio).
  • Avaliación non continua: exame final (80%), exercicios propostos (0%), contidos do portafolio (0%) e exposición oral do portafolio (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua.

No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria ou/e extraordinaria. As partes aprobadas nas convocatorias de xuño e xullo gardarase para os cursos académicos posteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes