TipoA
|
Código |
|
|
Profesionalizador |
|
AP1 |
Capacidade para a integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas propios da enxeñaría informática, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares. |
|
AP2 |
Capacidade para a planificación estratéxica, elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica nos ámbitos da enxeñaría informática relacionados, entre outros, con: sistemas, aplicacións, servizos, redes, infraestruturas ou instalacións informáticas e centros ou factorías de desenvolvemento de sóftware, respectando o adecuado cumprimento dos criterios de calidade e ambientais e en contornos de traballo multidisciplinares. |
|
AP3 |
Capacidade para a dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas e centros tecnolóxicos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación. |
|
AP4 |
Capacidade para modelar, deseñar, definir a arquitectura, implantar, xestionar, operar, administrar e manter aplicacións, redes, sistemas, servizos e contidos informáticos. |
|
AP5 |
Capacidade de comprender e saber aplicar o funcionamento e organización da internet, as tecnoloxías e protocolos de redes de nova xeración, os modelos de compoñentes, sóftware intermediario e servizos. |
|
AP6 |
Capacidade para asegurar, xestionar, auditar e certificar a calidade dos desenvolvementos, procesos, sistemas, servizos, aplicacións e produtos informáticos. |
|
AP7 |
Capacidade para deseñar, desenvolver, xestionar e avaliar mecanismos de certificación e garantía de seguridade no tratamento e acceso á información nun sistema de procesamento local ou distribuído. |
|
AP8 |
Capacidade para analizar as necesidades de información que se presentan nun contorno e levar a cabo en todas as súas etapas o proceso de construción dun sistema de información. |
|
AP9 |
Capacidade para deseñar e avaliar sistemas operativos e servidores, e aplicacións e sistemas baseados en computación distribuída. |
|
AP10 |
Capacidade para comprender e poder aplicar coñecementos avanzados de computación de altas prestacións e métodos numéricos ou computacionais a problemas de enxeñaría. |
|
AP11 |
Capacidade de deseñar e desenvolver sistemas, aplicacións e servizos informáticos en sistemas encaixados e ubicuos. |
|
AP12 |
Capacidade para aplicar métodos matemáticos, estatísticos e de intelixencia artificial para modelar, deseñar e desenvolver aplicacións, servizos, sistemas intelixentes e sistemas baseados no coñecemento. |
|
AP13 |
Capacidade para utilizar e desenvolver metodoloxías, métodos, técnicas, programas de uso específico, normas e estándares de computación gráfica. |
|
AP14 |
Capacidade para conceptualizar, deseñar, desenvolver e avaliar a interacción persoa–ordenador de produtos, sistemas, aplicacións e servizos informáticos. |
|
AP15 |
Capacidade para a creación e explotación de contornas virtuais, e para a creación, xestión e distribución de contidos multimedia. |
|
AP16 |
Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral de enxeñaría en informática de natureza profesional en que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas. |
TipoB
|
Código |
|
|
Profesionalizador |
|
BP1 |
Capacidade de resolución de problemas. |
|
BP2 |
Traballo en equipo. |
|
BP3 |
Capacidade de análise e síntese. |
|
BP4 |
Capacidade para organizar e planificar. |
|
BP5 |
Habilidades de xestión da información. |
|
BP6 |
Toma de decisións. |
|
BP7 |
Preocupación pola calidade. |
|
BP8 |
Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar. |
|
BP9 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade). |
TipoC
|
Código |
|
|
Profesionalizador |
|
CP1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
CP2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
CP3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
CP4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
CP5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
CP6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
CP7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
CP8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |