Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais
 Competencias da titulación


TipoA Código  
  Investigador
  AI1 Coñecer a estrutura e ser capaz de elaborar un documento científico-técnico.
  AI2 Coñecer as ferramentas para o manexo de bases de datos bibliográficas.
  AI3 Coñecer os procedementos para a solicitude de patentes.
  AI4 Coñecer as diferentes tipos de convocatorias públicas de proxectos de investigación.
  AI5 Coñecer os procedementos para a elaboración de convenios con empresas.
  AI6 Coñecer a estrutura das memorias de solicitude e dos informes asociados aos proxectos de investigación.
  AI7 Coñecer as distintas fases dos proxectos de I+D.
  AI8 Coñecer as principais ferramentas de planificación e xestión de proxectos de I+D
  AI9 Coñecer a estrutura das memorias de solicitude e dos informes asociados aos proxectos de investigación
  AI10 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun traballo de investigación no ámbito das metodoloxías, técnicas e tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial e Naval no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
  AI11 Coñecer e manexar ferramentas informáticas propias da investigación en Enxeñaría Industrial
  AI12 Coñecer e manexar técnicas experimentais usadas na investigación na Enxeñaría Industrial
  AI13 Coñecer e manexar técnicas específicas usadas nunha das liñas de investigación asociadas ao itinerario de enxeñaría industrial
  AI14 Coñecer e manexar ferramentas informáticas propias da investigación en Enxeñaría Naval e Oceánica
  AI15 Coñecer e manexar técnicas experimentais usadas na investigación na Enxeñaría Naval e Oceánica.
  AI16 Coñecer e manexar técnicas específicas usadas nunha das liñas de investigación asociadas ao itinerario de enxeñaría naval e oceánica
TipoB Código  
  Investigador
  BI1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BI2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BI3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BI4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BI5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BI6 Falar ben en público
  BI7 Aprender a aprender
  BI8 Resolver problemas de forma efectiva.
  BI9 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  BI10 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  BI11 Traballar de forma colaboradora.
  BI12 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  BI13 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
  BI14 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
  BI15 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
  BI16 Actitude orientada á análise.
  BI17 Actitude creativa.
  BI18 Capacidade para encontrar e manexar a información.
  BI19 Capacidade de comunicación oral e escrita.
  BI20 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
  BI21 Concepción espacial.
  BI22 Fixar obxectivos e tomar decisións.
  BI23 Analizar e descompoñer procesos.
  BI24 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
  BI25 Motivar ao grupo de traballo.
  BI26 Capacidade de negociación.
  BI27 Abertos ao cambio
  BI28 Vontade de mellora continua.
  BI29 Positivos fronte a problemas.
TipoC Código  
  Investigador
  CI1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CI2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CI3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CI4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CI5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CI6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CI7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CI8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes