Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Competencias da titulación


Tipo A Código Competencias da titulación Específicas
  A1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  A3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  A4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
  A5 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, coma mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  A7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
  A8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de canalizacións, canles e sistemas de fluídos.
  A9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais.
  A10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
  A11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
  A12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
  A13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
  A14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
  A15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
  A16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
  A17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  A18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
  A19 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas de enxeñaría gráfica.
  A20 Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas.
  A21 Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica.
  A22 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
  A23 Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais.
  A24 Coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais.
  A25 Coñecementos e capacidades para a aplicación da enxeñaría de materiais.
  A26 Coñecemento aplicado de sistemas e procesos de fabricación, metroloxía e control de calidade.
  A27 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Mecánica de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.
  A28 Comprender a representación da información no computador.
  A29 Coñecer a estrutura funcional dun computador e os seus compoñentes principais.
  A30 Adquirir coñecementos sobre a estrutura e funcións dun sistema operativo.
  A31 Coñecer os fundamentos das redes de computadores e de Internet.
  A32 Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica.
  A33 Capacidade para o deseño e a análise dos principais elementos de máquinas.
  A34 Capacidade para calcular instalacións sinxelas de abastecemento e evacuación de auga, ventilación, calefacción, aire acondicionado, electricidade e protección contra incendios, en ámbitos industriais.
  A35 Capacidade para analizar e deseñar estruturas metálicas.
  A36 Capacidade para dirixir o proceso construtivo de estruturas metálicas.
  A37 Coñecemento do deseño de sólidos e estruturas sometidas a esforzos de tracción, compresión, flexión e torsión.
  A38 Capacidade de analizar estados tensionais e de deformación en sólidos e estruturas.
  A39 Capacidade para analizar e deseñar estruturas de hormigón.
  A40 Capacidade para dirixir o proceso construtivo en estruturas de hormigón.
  A41 Coñecemento da dinámica lonxitudinal, transversal e vertical dos diversos vehículos, principalmente os automóbiles e os ferrocarrís, e dos de sistemas que incorporan.
  A42 Coñecer o comportamento e os elementos esenciais de cara ao deseño de circuítos de actuación hidráulicos e pneumáticos.
  A43 Capacidade para analizar o comportamento de estruturas e elementos mecánicos sometidos a vibracións.
  A44 Capacidade para deseñar estruturas e elementos mecánicos baixo cargas dinámicas.
  A45 Coñecemento da metodoloxía de análise de fallo dos materiais.
  A46 Comprensión dos mecanismos de fallo nos materiais en servizo.
  A47 Asumir a necesidade do mantemento de máquinas e equipos. Coñecer as principais causas de fallo e as estratexias de mantemento.
  A48 Ampliación de coñecementos e capacidades para o deseño de construcións industriais.
  A49 Coñecemento dos principais procedementos de soldadura de aplicación industrial.
  A50 Coñecemento das implicacións metalúrxicas e mecánicas nun proceso de soldadura
  A51 Coñecemento da soldabilidade dos diferentes materiais e dos controis de calidade das unións soldadas.
  A52 Coñecer as principais características dos sensores e actuantes eléctricos. Ser capaz de seleccionar o instrumental máis axeitado para un caso práctico.
  A53 Coñecemento das leis da Mecánica para a súa aplicación a máquinas e mecanismos.
  A54 Coñecer os conceptos, e técnicas numéricas e gráficas, esenciais sobre a fiabilidade e a súa aplicación a problemas de enxeñaría.
  A55 Coñecer e manexar o software dispoñible para o control fiabilidade e saber aplicar cada técnica estudada mediante algunha ferramenta informática.
  A56 Formular e resolver problemas numéricos no ámbito da enxeñaría mecánica con MATLAB.
  A57 Modelar matematicamente sistemas e procesos e resolver o modelo por medio de técnicas numéricas.
Tipo B Código Competencias da titulación Transversais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaboradora.
  B6 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
  B8 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
  B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
  B10 Actitude orientada á análise.
  B11 Actitude creativa.
  B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
  B13 Capacidade de comunicación oral e escrita.
  B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
  B15 Concepción espacial.
  B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
  B17 Analizar e descompoñer procesos.
  B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
  B19 Motivar ao grupo de traballo.
  B20 Capacidade de negociación.
  B21 Abertos ao cambio.
  B22 Vontade de mellora continua.
  B23 Positivos fronte a problemas.
Tipo C Código Competencias da titulación Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes