Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Técnico Industrial-Especialidade en Electrónica Industrial
 Competencias da titulación


Tipo A Código Competencias da titulación Específicas
  A1 Aplicar o coñecemento de matemáticas, ciencia e enxeñaría.
  A2 Deseñar e realizar experimentos así como analizar e interpretar resultados.
  A3 Deseñar, proxectar e construír calquera obra, sistema, compoñente ou proceso que deba cumprir certas necesidades e/ou requirimentos, coñecendo e aplicando a lexislación e normativa vixente.
  A4 Dominar as técnicas tradicionais e modernas necesarias para poder realizar adecuadamente planos, gráficos e esquemas, con obxecto de plasmar graficamente ideas e solucións; así como interpretar a realización de calquera traballo de enxeñaría.
  A5 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
  A6 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
  A7 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
  A8 Formación ampla que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global.
  A9 Necesidade dun aprendizaxe permanente e continuo. (Life-long learning).
  A10 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
  A11 Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou costes económicos de contratación, de organización ou xestión de proxectos.
  A12 Capacidade para o deseño, redacción, firma e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases, partindo das Atribucións e Competencias profesionais que a Lei especifique e da Lexislación vixente aplicable.
Tipo B Código Competencias da titulación Transversais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Capacidade de liderado.
  B9 Traballar nun entorno internacional con respecto das diferenzas culturais, lingüísticas, sociais e económicas.
  B10 Capacidade de análise e síntese.
  B11 Capacidade de Organización e Planificación.
  B12 Coñecemento de polo menos unha lingua estranxeira.
  B13 Coñecemento de informática.
  B14 Coñecementos de Xestión de información.
  B15 Capacidade para a toma de decisións.
  B16 Capacidade de trasladar os coñecementos á práctica.
  B17 Dispoñer de habilidades para a investigación.
Tipo C Código Competencias da titulación Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes