Debido a que a materia
sintetiza coñecementos de materias moi diversas de Bioloxía,
especialmente de Zooloxía, Ecoloxía, Fisioloxía e Bioloxía da
Conservación, e que non existe ningún texto que reúna toda a materia
impartida, recoméndase que os alumnos sigan os contidos teóricos e
prácticos que foron impartidos polo profesor. De xeito complementario,
para cada un dos apartados do temario, recoméndanse unha serie de
referencias bibliográficas, todas elas presentes na biblioteca da
Facultade, que os alumnos poderán consultar para ampliar coñecementos.
Tamén se recomenda contar cun coñecemento de inglés a un nivel de lectura medio.
Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas. |