Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Bioloxía
 Asignaturas
  Organografía Microscópica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Botánica/610212102
Citoloxía/610212103
Histoloxía Vexetal e Animal/610212104
Botánica Terrestre/610212609

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Bioloxía do Desenvolvemento/610212605

Materias que continúan o temario

Observacións

 Aínda que o profesor poña a disposición do alumno as presentacións co contido esixido no último curso de clases maxistrais presenciais desta materia, estas non son máis que guías de estudo, insuficientes para superar a materia. O emprego da bibliografía recomendada facilitará a comprensión do temario e a superación do exame.

Recoméndase:

- O traballo do alumno axudándose da bibliografía recomendada e dos recursos web que se pon á súa disposición na pagina web da materia.

- Facer repasos e revisións periódicas para comprender a información dispoñible na plataforma MOODLE.

- É importante dedicar especial atención á observación de fotos e imaxes en libros, atlas recomendados e en imaxes de preparacións microscópicas obtidas en diversas paginas web. Aconséllase tapar o pé da foto e tentar facer un diagnóstico da imaxe (autoevaluación).

- A visita periódica á páxina web da materia (Plataforma Moodle), onde se inserirán ligazóns e o material utilizado nas clases maxistrais do último curso presencial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes