Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A calificación obtida nas prácticas de laboratorio suporá o 20% da calificación da materia. Valorarase a realización axeitada dos prelaboratorios, a destreza na realización do traballo experimental, a interpretación dos datos obtidos, así como a correcta realización dos cálculos, as respostas ás cuestións das devanditas prácticas (que se deberán entregar) e a elaboración da libreta de laboratorio.
Esta metodoloxía permitirá avaliar as seguintes competencias: A7, A16, A17, A19, A20, A21, A23, A24, B1, B2, B3, B4, B5, C1 y C6
20
Solución de problemas O control da asistencia a estas actividades, así coma o traballo realizado antes e durante as mesmas, contribúe na calificación final da materia cun 10%.
Esta metodoloxía permitirá avaliar as seguintes competencias: A7, A16, A20, B1, B2, B4, B5 y C1
Ademáis, a avaliación da aprendizaxe respecto á solución de problemas, tamén se levará a cabo na proba mixta.
10
Proba mixta Proba escrita que constará de preguntas de teoría, teoría aplicada e resolución de problemas.
Esta metodoloxía permitirá avaliar as seguintes competencias: A4, A7, A20, A21, A24, B1, B2, C1 y C6
65
Proba de resposta breve Probas realizadas a través da plataforma Moodle sobre dous dos temas da materia mediante preguntas de resposta breve. Ámbolos dous temas non serán avaliados na proba mixta.
Esta metodoloxía permitirá avaliar as seguintes competencias: A4, A7, A21 y B4
5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos:


1.-Asistencia regular ás actividades avaliables, sendo as prácticas obrigatorias.


2.-Acadar unha calificación mínima en cada unha das actividades avaliables. Tanto na proba mixta e de resposta breve coma nas prácticas e as clases de solución de problemas esta calificación mínima non poderá ser inferior a 4 (sobre 10).


En calquera caso, para aprobar a materia o sumatorio das notas das diferentes actividades non poderá ser inferior a 5 (sobre 10). O alumno obterá a calificación de Non Presentado cando houbese realizado menos do 25% das actividades académicas programadas, e non se presente ao exame final.


No contexto de "avaliación continuada" a "segunda oportunidade de xullo" enténdese coma unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Polo tanto, para as prácticas, solución de problemas e proba de resposta breve manteranse as calificacións obtidas ao longo do curso, namentres que a calificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba mixta de xaneiro. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tivese cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".


Polo que atinxe aos vindeiros cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluído na avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar cun novo curso, incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o novo curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes