Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Instrumental 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio onde, dentro das disponibilidades de instrumentación e infraestructura da Facultade, se vexan aplicacións das técnicas analíticas estudadas. Elaborarase un diario de laboratorio, para o que, baixo ningún concepto permitirase o uso de follas soltas, sendo un forte factor de penalización na nota final desta parte.
Proba mixta Realizarase unha proba obxectiva para evauar os coñecimentos adquiridos e o seu manexo. Nesta proba haberá cuestións de tipo teórico e exercicios numéricos, as cais avaliarán os contidos das sesións maxistrais e seminarios. Ao finalizar os primeiros temas farase unha proba que permitirá ao alumno liberar materia (caso de que a supere) na primeira proba oficial.
Proba mixta As prácticas de laboratorio avaliaranse de xeito continuo. Nembargantes ao seu final poderá facerse un cuestionario que avaliará o grao de asimilación de conceptos. Tamén se avaliará o diario de laboratorio (respostas ás cuestións plantexadas, orde, claridade e corrección nos cálculos e esquemas).
Seminario Procederase á resolución dalgúns dos problemas numéricos entregados previamente aos alunos e que deberán ter traballado de forma individual, personal e previa aos seminarios
Sesión maxistral Presentaranse as bases conceptuais de cada unha das técnicas analíticas empregadas. Explicando os principios físicos, biolóxicos ou físico-químicos nos que se basean as medidas. Discutiranse os principios da instrumentación e problemas habituais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes