Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física 3
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Valorarase a contribución individual á resolución do conxunto de actividades. Búscase que todos os alumnos sexan capaces de completar correctamente o exercicio.
Competencias avaliadas: A1, A3, A5, A14, A21, B2, B3
10
Estudo de casos Pídese realizar un traballo en grupo. Valorase a contribución de cada un dos membros ao traballo global.
Competencias avaliadas: A5, A14, A15, A16, B3, C3
5
Prácticas a través de TIC Plantexase a resolución de problemas complexos a través de programas de cálculo. Estes problemas entreganse resoltos de forma individual.
Competencias avaliadas: A14, B2, B3, C3
7.5
Recensión bilbiográfica Pídeselles a realización de búsquedas bibliográficas de artigos de investigación relacionados con aplicaciones prácticas da materia que se está estudando. Entreganse individualmente.
Competencias avaliadas: A16, C3
7.5
Proba mixta Examen final dos contidos da asignatura baseado na resolución autónoma de problemas.
Competencias avaliadas: A1, A3, A5, A14, A15, A21, B2, B3
70
 
Observacións avaliación

O alumno que participe en calquera das actividades
considerarase presentado na asignatura á hora da cualificación
final. O desglose anterior corresponderá á cualificación de xaneiro
(primeira oportunidade).

Para facilitar a superación da
asignatura, realizarase unha proba eliminatoria da materia de caracter
voluntario que puntuará un máximo de 7 sobre 10. Para poder realizar
esta proba é necesario a asistencia regular ás clases maxistrais e
aos seminarios en grupos pequenos, así como ter participado en
todas as actividades propostas. O alumno que obteña unha cualificación
total igual ou superior a 5.0 quedará eximido de tener que evaluarse no exame final. En calqueira caso, todos os alumnos que o desexen
poderán examinarse de novo de toda a materia no exame final para
mellorar a súa cualificación. A data desta proba voluntaria fixarase de
forma consensuada entre os alumnos, profesores e coordinador.

A cualificación da segunda oportunidade realizarase únicamente cunha proba final que puntuará 10 sobre 10.

As
matrículas de honra asignaranse prioritariamente na cualificación da primeira oportunidade. Só poderase conceder na segunda
oportunidade se non se tivesen esgotado o número de matrículas na
primeira. En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles realizarase un exame adicional para decidir a asignación da mesma.

Datas de actividades programadas:

1ª actividade: por fixar

2ª actividade: por fixar

3ª actividade: por fixar

As probas  finais realizaranse nas seguintes datas e horarios:

-Primeira oportunidade: Consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade

-Segunda oportunidade: Consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes