Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
|
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 2 | Código | 610G01022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | Avaliarase a participación activa do alumno nas clases e a súa capacidade de razoamento e argumentación fronte aos diferentes contidos tratados nas sesións. Déixase aberta a posibilidade de realizar, periodicamente, algunha proba curta que conterá principalmente de cuestións moi breves e/ou preguntas de elección múltiple sobre aspectos puntuais, cuxo resultado será empregado coma unha fonte máis de avaliación. Competencias avaliadas: A1,A2,A3,A4,A6,A14,A24,B1,B3,C1 |
5 |
Solución de problemas | Avaliarase a participación activa do alumno nos seminarios e a súa capacidade de razoamento na resolución de casos prácticos e/ou dos problemas tratados nos boletíns, así como na aclaración das dúbidas dos membros do grupo sobre contidos da materia a través dunha posta en común das mesmas. Competencias avaliadas: A1,A2,A3,A4,A5,A12,A14,A15,A16,A20,A24,B1,B2,B3,B4,B5,C1,C3 |
15 |
Prácticas de laboratorio | Ao comezo da actividade, e como requisito previo para a participación na mesma, avalíase mediante unha entrevista persoal a capacidade e rigorosidade do alumno na preparación dos aspectos máis importantes de cada experimento. O traballo no laboratorio avaliarase dende os puntos de vista de: - organización e seguridade - coñecemento do material, técnicas preparativas e o seu uso - habilidade manual e, - especialmente, a capacidade para comprender os procesos observados a partir da preparación previa. Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio, que constará de tres partes: 1- Resumo dos antecedentes (preparación teórica previa) 2- Descrición detallada da execución e desenvolvemento dos experimentos (diario de laboratorio) 3- Comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poidan extraer deles. Competencias avaliadas: A1,A2,A3,A4,A5,A6,A15,A16,A17,A18,A19,A20,A21,A22,A23,A24,A25,A26,B1,B2,B3,B4,B5,C1,C3 |
30 |
Proba mixta | A proba escrita levarase a cabo no horario aprobado na Xunta de Facultade. Constará dunha serie de cuestións e problemas relacionados co programa da materia. Competencias avaliadas: A1,A3,A4,A6,A12,A14,A15,A21,B2,B3,C1 |
50 |
Observacións avaliación | ||
A superación das prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para superar a materia. Para poder participar na cualificación das restantes actividades será necesario ter participado como mínimo nun 85% das mesmas (seminarios de resolución de problemas e participación activa nas sesións maxistrais), polo que se fomentará e terá en conta a asistencia do alumnado a estas actividades. Os alumnos serán avaliados segundo o seguinte sistema de avaliación: - Cualificación obtida na proba mixta: ata un máximo de 5,0 puntos. - Cualificación obtida nas prácticas de laboratorio: ata un máximo de 3,0 puntos. - Cualificación obtida nas sesións maxistrais e nas clases de resolución de problemas: ata un máximo de 2,0 puntos. Esta cualificación ponderarase en función da asistencia a cada tipo de actividade cun factor de corrección de 1 para asistencias superiores ao 85%; 0,5 para asistencias entre 85-70%; 0,25 para asistencias entre 70-50 % e 0 para asistencias inferiores ao 50%. Un non presentado (NP) equivale a 0,0 puntos; a asistencia inferior ao 85% da actividade non é cualificable (NC) e equivale a 0,0 puntos. A asistencia ás conferencias recomendadas terase en conta na nota final. A cualificación final será a suma das obtidas nas actividades anteriores , e o alumno aprobará a materia se acada un mínimo de 5,0 puntos, sempre que teña superado o 40% en cada unha das dúas primeiras actividades(proba mixta e prácticas de laboratorio). No caso de que o alumno non acadase a puntuación mínima nalgunha delas, aínda que a suma do conxunto sexa superior ou igual a 5,0 puntos(sobre 10,0) a materia figurará como suspensa (4,5 puntos). O alumno non poderá acollerse á renuncia automática na "primeira oportunidade" unha vez que teña participado nun 20% nalgunha das actividades. No caso de non aprobar na "primeira oportunidade", o alumno terá dereito á realización dunha proba escrita na "segunda oportunidade" (dentro do horario aprobado pola Xunta de Facultade), que contará como un máximo de 5,0 puntos na cualificación final. A esta nota sumaránselle as cualificacións obtidas nas actividades docentes nas que participou ao longo do curso e se lle aplicará ao conxunto o baremo descrito anteriormente. De acordo coa normativa académicas, os alumnos que sexan avaliados na “segunda oportunidade” só poderán optar á matrícula de honor se o número máximo de esta para o curso non se tivera cuberto na súa totalidade na “primeira oportunidade”. Unicamente no caso de circunstancias moi excepcionais e xustificadas, o coordinador da materia poderá eximir a algún membro do alumnado da súa participación en parte das actividades que conforman o proceso de avaliación continua. O alumnado que se atopase nesa situación deberá superar unha proba obxectiva específica que permita comprobar a consecución das competencias asociadas á materia. A metodoloxía docente e as actividades que a configuran están deseñadas de acordo cun proceso de avaliación continua programado para un único curso académico, polo que non se contempla a posibilidade de trasladar as cualificacións parciais de actividades superadas en cursos sucesivos. |
|