Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Inorgánica 4 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 4 | Código | 610G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A avaliación da parte experimental da asignatura supón un 75% da calificación final. Inclúe: 1. O traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. (20%) 2. Grao de preparación previa de cada práctica e interpretación dos resultados e as conclusións obtidas na mesma. Serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno (35%). 3. Exposición oral na que se presentarán os experimentos desenvolvidos no laboratorio de xeito breve (15%). 4. Caderno de laboratorio e informes de cada unha das prácticas (30%). |
75 |
Seminario | Avaliarase a participación activa do alumnado nas clases de seminario e nas clases expositivas. | 5 |
Traballos tutelados | Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas ns mesma serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" | 0 |
Presentación oral | Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" | 0 |
Resumo | Valorarase o caderno de laboratorio elaborado por cada alumno, así como os informes de cada unha das prácticas realizadas. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" | 0 |
Proba mixta | Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia. Aqueles alumnos que asistan regularmente a todas as actividades programadas durante o curso poderán presentarse a unha proba parcial. Os alumnos que obteñan un mínimo de catro puntos (sobre dez) nesta proba parcial, e sempre que a nota media por curso sexa mínimo de cinco ptos sobre dez, estarán exentos de realizar o exame final. |
20 |
Observacións avaliación | ||
Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria. Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade. Respecto aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comezar cun novo curso académico, incluindo todas as actividades e procedementos de evaluación que se programen para dito curso. Nota: Competencias que se avalían nas distintas metodoloxías: Competencias A1, A3, A4, A5, A9, A12, A14, A15, A16, A17, A18, A19, A20, A21, A22, A23, A24, A25, B1, B2, B3, B4, B5, B7, C1, C7, C8 avaliaranse nas "Prácticas de Laboratorio". Competencias A1, A3, A4, A5, A9, A12, A14, A15, A20, A21, A24, B2, B3, C1 avaliaranse na "Proba Mixta". Competencias A14, A15, A16, B1, B2, B4, B7, C1 avaliaranse na participación en "Seminario" e "Clases Expositivas". |
|