Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química, Información e Sociedade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición e explicación por parte do profesor dos conceptos fundamentais de cada tema. Dos sesións (de 1 hora) serán impartidas por persoal da biblioteca da Facultade de Ciencias para explicar os recursos e manexo avanzado na biblioteca.
Seminario Consisten en sesións interactivas (grupo reducido) nas que o profesor plantexa exemplos concretos relacionados coas sesións maxistrales. Realizarase o estudo de casos e se fomentará o debate entre os alumnos así como o manexo de diversa documentación científica.
Tamén se levarán a cabo sesións na aula de informática para realizar actividades de obtención de información científica usando bases de datos en red.
Traballos tutelados En sesións de grupo reducido o alumno terá que resolver de forma individual o grupal os problemas plantexados polo profesor, quien tutelará o traballo continuo do alumno. Trataranse problemas que relacionan a Química cos medios de comunicación, coa saúde, alimentación, medio ambiente, etc., fomentando o debate e discusión entre os alumnos, quienes deberán realizar un informe final o presentación oral do traballo desenvolvido de xeito indepediente polos alumnos e tutelado polo profesor.
Proba mixta Examen final no que se inclúen preguntas tipo test, de respuesta breve e de ensaio. Preténdese availar os coñecementos adquiridos polos alumnos así coma a súa capacidade de razoamento, síntese, redacción e espíritu crítico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes