Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética molecular
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase a calidade do traballo presentado polo grupo (10%) e a contribución individual (10%) reflectida na participación e calidade das intervención nun foro do grupo ou noutro medio.

Competencias avaliadas: A11, A12, A15, A18
20
Proba mixta Constade dúas partes.
Unha relacionada cos contidos teóricos e representa o 70% da cualificación final.
Competencias avaliadas: A11, A12, A15, A18, A29
Outra relacionada coas prácticas e representa o 10% da cualificación final.
Competencias avaliadas: A5, A11, A30, A31
80
 
Observacións avaliación

Para superar a materia debe acadarse polo menos un 4 en cada parte da proba mixta. Se a cualificación resultante da suma de todas as actividades avaliables fose superior a 5, pero nunha das partes da proba mixta se obtivese menos de 4, a cualificación sería 4,9 (suspenso).


Considerase NON PRESENTADO cando se realice menos do 30% das actividades avaliables.


As matrículas de honra concédense preferentemente entre os alumnos que acaden a cualificación igual ou superior a 9 na primeira oportunidade da convocatoria (xaneiro).


Realizarase un exame parcial en novembro que en caso de aprobarse non terá que repetirse nas oportunidades de xaneiro e xullo.


Na segunda oportunidade (xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as cualificación obtidas nos traballos tutelados mantéñense da primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes