Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Botánica sistemática: Fanerogamia |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Botánica sistemática: Fanerogamia | Código | 610G02025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os concepto básicos serán desenvolvidos polo profesor en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que o alumnos adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións de power point que estarán dispoñibles na plataforma moodle. |
Seminario | O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos se repasarán nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria. |
Prácticas de laboratorio | Os estudantes analizarán e manipularan diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesiones maxistrais. Nas sesións de laboratorio, os estudantes empregarán floras e claves de identificación para identificar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos caracteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven. |
Saídas de campo | Realizarase unha excursión dun día de duración guiada polos profesores. Na excursión se observarán representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas de Galicia con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria. |
Estudo de casos | Os estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio en dous casos prácticos diferentes (FILOXENÉTICO E FLORÍSTICO). Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asi mesmo, os profesores empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos. Os proxectos serán levados a cabo por grupos de 2-3-4 estudantes. |
|