Proba de resposta múltiple |
Proba tipo test. Avaliaranse as competencias A18, A29. |
15 |
A avaliación constará de dúas partes:1) Parte teórica que inclúe os seminarios, a proba de resposta múltiple e
parte da proba mixta, 2) Parte práctica, incluída na proba mixta. En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Ademais,
será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes,
teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades
avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media resultase ser de 5
ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das partes da proba
mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso).
Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as
cualificacións obtidas en seminarios e proba de resposta múltiple mantéñense da
primeira oportunidade. A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. Serán considerado como
NON PRESENTADOS aqueles alumnos que non concorran ás probas mixtas.
|