Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española Medieval
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así como a súa correcta presentación e logro dos obxectivos propostos. Valorarase a capacidade de relación co visto na aula; axustaranse as normas de presentación que se establezan. 30
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán varias preguntas centradas na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura e nas que o estudante ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos.
50
Obradoiro Na aula realizaranse diferentes actividades nos obradoiros e algunha delas será obxecto de avaliación 20
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel e seguindo as normas para a entrega de
traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar
a materia sen ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba
mixta. Na segunda oportunidade (xullo), o alumno realizará a proba mixta,
que contará o 50% da nota, e o traballo tutelado, ao que se asigna
en xullo o 50% restante da avaliación e que entregará na mesma data fixada oficialmente para o día do exame. MOI IMPORTANTE: O alumno será avaliado
e calificado sempre que acuda ao exame; recibirá a cualificación de
"NON PRESENTADO" cando non acuda. O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para
a realización das diversas actividades durante o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes