Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Filosofía e Literatura
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario A avaliación do traballo realizado polo alumno nas sesións de seminario realizarase atendendo tanto á cualificación dos dous comentarios como á participación do alumno no traballo colectivo da aula. Cada comentario poderá obter unha cualificación máxima de 1 pto.; en canto á participación individual do alumno nas sesións de seminario poderá ser calificada ata un máximo de 1 pto. 30
Recensión bilbiográfica As características do traballo individual xa foron establecidas no apartado de Metodoloxías. Na avaliación do mesmo terase en conta a orixinalidade e pertinencia do enfoque (o texto literario elexido haberá de ser axeitado para unha lectura filosófica), o desenvolvemento argumentativo, a claridade e rigor da expresión, así coma a xustificación argumentada da valoración persoal. 20
Proba mixta Constará de tres apartados:
a) Cuestión sobre o libro de lectura obrigatoria, acompañada dun fragmento do mesmo. Cualificación máxima.- 1.5 ptos.
b) Comentario dun fragmento extraído dos textos de lectura. Cualificación máxima. 1.75 ptos.
c) Resposta a unha cuestión teórica dos contidos desenvolvidos na materia. Cualificación máxima.- 1.75 ptos.
50
Sesión maxistral A cualificación da actividade académica desenvolvida nas sexións maxistrais está incorporada na da proba mixta, pois nesta o alumno haberá de demostrar a súa asimilación dos contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios. 0
 
Observacións avaliación

A cualificación máxima da Proba Mixta, que representa o 50 % da cualificación total da materia, será de 5 ptos. Para superar a materia, a puntuación obtida na proba mixta non poderá ser inferior a 4 ptos. (sobre 10 ou, o que ven ser o mesmo, a 2 ptos. sobre os 5 que representan a cualificación máxima que pode obterse neste apartado da avaliación). O 50 % restante distribúese do seguinte xeito: un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde á "Recensión bibliográfica", é dicir, ó traballo individual realizado polo alumno; un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde ós dous comentarios que, sobre fragmentos traballados nos bloques 2º e 3º, o alumno haberá de elaborar (cada un deles recibirá, polo tanto, unha cualificación máxima de 1 pto.); un 10 % (cualificación máxima: 1 pto.) valorará a asistencia e participación do alumno durante as sesións presenciais.


Considerarase non presentado o alumno que non realice a Proba Mixta e, asemade, teña entregado menos do 50 % das actividades do curso.


Se o alumno non supera a materia na primeira oportunidad, terá que demostrar na segunda (Xullo) que foi quen de acadar a puntuación mínima (a metade da máxima) en aquelas partes da avaliación onde non o tivese logrado. Respecto ás restantes, manteñen a súa vixencia as cualificacións parciais obtidas na primeira oportunidade; cunha salvedade: o punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na cualifiación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.).


O alumnado matriculado a tempo parcial e que tivese obtido unha dispensa académica deberá poñerse en contacto co profesor da materia, ó comenzo do curso, con vistas a planificar os axustes pertinentes, tida en conta a situación particular do alumno, na súa cualificación. En calqueira caso, o alumno deberá realizar a Proba Mixta, a Recensión bibliográfica e os comentarios. En canto ó punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na avaliación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes