Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa e Xénero
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Proba sumativa teórico-práctica.
Ensaio e comentario de texto.
30
Análise de fontes documentais Nas PRÁCTICAS/TGR, este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise dos textos que se están a estudar en cada tema. A análise de fontes documentais será a metodoloxía máis utilizada nas aulas dos grupos pequenos (TGR), xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados na clase, serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. PRÁCTICAS: 1.5 puntos sobre 10 (15% do total).
Tamén se levarán a cabo análises textuais nas clases de DOCENCIA EXPOSITIVA e nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xaneiro e xullo, vid. PROBA MIXTA). Os comentarios de texto feitos durante as sesións expositivas serán ocasionais. Os recollidos terán un valor de 1 punto (10%).
25
Presentación oral Exposicion oral do PROJECT realizado nas clases prácticas (TGR). 5
Discusión dirixida Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións docentes, se animará ao alumnado a participaren por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións de DOCENCIA EXPOSITIVA ou DE, nas clases de grupo grande, ou ben a análise de fontes documentais nas PRÁCTICAS ou TGR.
10
Traballos tutelados 2 PROJECTs ou traballos tutelados individuais sobre temas de xénero na literatura en lingua inglesa (vid. temarios).
O traballo de prácticas é obrigatorio e terá un valor de 2 puntos (6-8 páx., 20%).
O traballo correspondente as sesións maxistrais terá un valor dun punto (5 páx., 10%).
30
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN D.E. (50% da materia; C. Gómez):

- Comentarios de texto 1 punto; Ensaio de 5 pax. 1 punto; exame: 3 puntos

- Os alumnos que non fagan ou entreguen os comentarios textuais feitos na clase e que non fagan o traballo tutelado farán un exame (5 puntos).

AVALIACIÓN PRÁCTICAS (50% da materia; B. Simal):

- 25% PROJECT (20%
TRABALLO DIRIXIDO + 5% EXPOSICIÓN)

- 15% ANÁLISE DE
FONTES DOCUMENTAIS (análise e comentario de textos)

- 10%
DISCUSIÓN DIRIXIDA


OBSERVACIÓNS:

Para facer media é necesario un mínimo de 2 puntos por parte/profesor. Na devandita media se debe acadar alomenos 5 puntos para superar a materia.

Os traballos escritos deberán ser entregados no prazo estipulado polo profesorado, e sempre antes do remate da docencia da materia.

Na oportunidade de xullo o alumnado terá que levar a cabo exercizos escritos ou orais (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo (50% da nota), ademáis do exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que realizar ningun traballo ou exercizo adicional.

Os alunos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. Segundo as directrices do Vicerreitorado de Organización Académica e Titulacións, os alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso".

O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e con dispensa académica concedida terá que levar a cabo exercizos escritos ou orais (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Ditos/as estudantes deberán comunicar a súa situación aos docentes ao inicio do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes