Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Tecnoloxía Electrónica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio mediante probas mixtas. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8. 20
Solución de problemas Valorarase a resolución de problemas da materia mediante probas mixtas. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8. 10
Proba mixta Avaliación final de coñecementos teóricos e resolución de problemas. Competencias: A2, B1, B3, C2, C4, C6, C7 e C8. 70
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia faise a partir de:

- exame final de teoría-problemas,

- exames durante o curso de prácticas de laboratorio de electrónica, e

- probas de test de resolución de problemas durante o curso nos seminarios de TGR.

A nota final calcúlase de: nota final= A + B + C, onde:

A= nota do exame final de teoría-problemas (0 a 7),

B= nota de prácticas (0 a 2), e

C= nota dos seminarios de TGR (0 a 1).

Para aprobar a materia hase de cumprir que: nota final maior ou igual que 5.

Na segunda oportunidade unicamente reavalíase o exame final de teoría-problemas (A). Para as notas de prácticas (B) e seminarios (C) mantéñense as que se obtivesen durante o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes