Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación II
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas titorías de grupos reducidos. Os devanditos traballos poderán supoñer ata un 10% a maiores da nota final. 10
Prácticas de laboratorio Realización obrigatoria por parellas. Necesario aprobar as prácticas para superar a materia. Non se permitirá a ausencia sen xustificar de máis dun 20% das horas asignadas. 20
Proba obxectiva Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. 80
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

- No caso da proba escrita, o criterio fundamental de avaliación será a demostración por parte do alumno do seu dominio dos contidos teóricos da materia.

- No caso das demais actividades, prácticas e traballos puntuables, os criterios de avaliación serán o cumprimento dos requisitos e obxectivos formulados nos enunciados dos exercicios, o grao de asimilación das técnicas vistas nas sesións teóricas, a claridade das explicacións do alumno á hora de presentar a solución proposta, e a responsabilidade no uso axeitado dos recursos dispoñibles no laboratorio.

- É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. En caso de non entregar ou non aprobar as prácticas, a avaliación basearase exclusivamente na nota do exame teórico, que supón como máximo 7 puntos.

Plaxio de traballos prácticos

- De acordo á normativa de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e máster universitario*, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Polo tanto, o plaxio dos traballos de prácticas levará consigo unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado coma a que o facilitase, e polo tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Primeira e segunda oportunidade

- As cualificacións obtidas en actividades como prácticas e titorías de grupo serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. Manteranse para aqueles alumnos suspensos ou non presentados na primeira oportunidade, que só terán a opción de realizar de novo as prácticas para mellorar a nota. Non se permitirán cambios de parellas de prácticas.

- Os alumnos que aproben a materia na primeira oportunidade (xuño) non poderán repetir o exame nin entregar de novo os traballos para mellorar a súa cualificación.

Matrícula a tempo parcial

- Os alumnos matriculados a tempo parcial que solicitasen e obtido dispensa académica poderán entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán para tal efecto e se comunicará ao alumnado afectado a principio de curso. En calquera caso, será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado e comprometerse co calendario que se lle propoña.

Non presentado

- De acordo á normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario*, terá a condición de Non presentado" (NP) aquel estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. Para esta materia, cando non se presente á proba do período oficial de avaliación.

Oportunidade adiantada de Decembro

- As condicións de avaliación da oportunidade adiantada serán as mesmas que para a primeira oportunidade.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobadas por Consello
de Goberno de la Universidade ds Coruña o 19 de decembro de 2013. http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/avaliacionrevrecl.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes