Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Algoritmos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta breve 3 probas escritas de avaliación continua, nas que se avaliará o dominio dos contidos dos traballos académicos a revisar.
Realizaranse durante as horas de teoría e anunciaranse con polo menos 7 días de antelación.
15
Prácticas de laboratorio 4 prácticas realizadas en parellas, nas que se avaliará: estruturación dos programas, calidade da documentación, claridade, adecuación e explicación dos resultados.

A entrega en tempo e forma das prácticas é condición necesaria para acceder ao exame individual final de prácticas da 1ª oportunidade.

A avaliación realízase mediante tutorías de seguimento das prácticas, durante as horas de práctica.
10
Solución de problemas Desenvolveranse exemplos sobre os coñecementos teóricos relacionados co tema, e resolveranse dúbidas. Inclúe avaliación de 3 traballos.
Realizaranse durante as horas de Traballo en Grupo Reducido (Seminarios), podendo nalgún caso completarse en horas no presenciais.
15
Proba obxectiva Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.

Exame individual de teoría (2h): 40%
Exame individual de prácticas (2h): 20%

Para ser convocada/o ao exame de prácticas da 1ª oportunidade, é necesaria a entrega en prazo de todas as prácticas de laboratorio.
60
 
Observacións avaliación

Na 2ª oportunidade o estudante poderá presentarse novamente tanto ao exame de prácticas como ao exame teórico (partes previstas na proba obxectiva).

O exame individual de prácticas (proba obxectiva) terá lugar no mesmo día fixado para o exame da materia e poderán establecerse distintos turnos dependendo do número de estudantes matriculados; é necesario dispor, previamente, do material de todas as prácticas realizadas no longo do curso na
conta de usuario de cada estudante.

Presentarse ao exame de prácticas ou ao exame de teoría suporá unha
calificación distinta ao "non presentado" na acta correspondente.

Según o previsto na Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao da UDC, os estudiantes poderán optar por unha dedicación a tempo parcial. A súa implantación no ámbito desta materia suporá que, de forma xeral, a calificación que figurará na acta será a mellor entre a obtida según o criterio especificado nesta sección da guía docente, e a obtida únicamente coa proba obxectiva ponderando en 2/3 partes o exame de teoría e 1/3 parte o exame de prácticas.

Na oportunidade adiantada de decembro o 100% da avaliación corresponderá a un exame específico de teoría que incluirá cuestións relacionadas coas prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes