Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Deseño Software
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Dous boletíns de exercicios baseados na programación en Java, na orientación a obxectos e o deseño de probas.
Unha práctica de deseño centrada no uso de principios e patróns de deseño.
35
Seminario Evaluación continua de actividades propostas ao longo do curso.
Para poder ser valorados esíxese asistencia aos mesmos e entrega en tempo e forma dos traballos propostos
5
Proba obxectiva Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables.
60
 
Observacións avaliación

En caso de non chegar á nota mínima na proba obxectiva, en calqueira das oportunidades, implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia.

Aspectos a ter en conta para a avaliación de segunda oportunidade (Xullo):

  • A nota dos seminarios (TGRs) e das prácticas de laboratorio serán as obtidas na primeira oportunidade (non haberá entrega de prácticas ou realización de TGRs na segunda oportunidade).

Aspecto a ter en conta en caso de matrícula a tempo parcial:

  • Elimínase a obrigatoriedade de asistir as actividades nas que se esixe presencialidade, como son os TGRs. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes