Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Software de Comunicacións
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado durante o curso do traballo do alumno coa entrega das mesmas e a proba obxetiva de prácticas realizada na última sesión de prácticas.

Avalianse as competencias específicas A31 e A34, as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
30
Proba mixta Mediante unha proba escrita valorase o cooñecemento adquirido polo alumno ao longo do curso. Nesta proba escrita avaliaranse tanto os contidos explicados nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas.

Avalianse as competencias específicas A31 e A34, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
50
Traballos tutelados Avaliarase a realización por parte do alumno de exercicios propostos polo profesor, tendo en conta a súa participación na dinámica da aula.

Avalianse as competencias específicas A31 e A34, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
20
 
Observacións avaliación

A nota mínima esixida é de 1.75 puntos sobre 5 na proba mixta final.

No caso de non acadar esta nota, a cualificación final do alumno obtense como a suma da nota obtida na proba mixta e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nas prácticas a través de TIC e nos traballos tutelados.

Na segunda oportunidade unicamente se realizará a proba mixta. A nota de prácticas e de traballos tutelados será a obtida durante o curso mediante a avaliación continua do traballo do estudante.

A entrega de prácticas e traballos tutelados adaptarase ás necesidades do alumnado coa modalidade de matriculación a tempo parcial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes