Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Explotación de Almacéns de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A nota máxima dos traballos, probas e exercicios será de 4 puntos sobre o total de 10 da asignatura.
Realizarase unha avaliación continua polo que a nota das probas deste apartado contabiliza tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade poderase repetir un máximo de 2 puntos desta parte.
40
Proba mixta A nota máxima será de 4 puntos sobre o total de 10 da asignatura.
A proba consiste nun exame que poderá tratar tanto sobre os conceptos teóricos como sobre a asimilación práctica da asignatura.
Esta proba mixta poderase repetir na segunda oportunidade.
40
Traballos tutelados Avaliarase o resultado dos traballos, que terán unha única data de entrega cada un, anunciada coa suficiente antelación. Estes traballos non se repetirán na segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non se presente á proba mixta.

DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes  para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio, por exemplo mediante a realización dunha proba escrita na primeira  oportunidade ou a entrega de traballos pola súa conta.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes