Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Modelado Avanzado de Información
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase a participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de una clase para a seguinte 10
Traballos tutelados Avaliarase a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación.
40
Proba mixta Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) na proba mixta.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar a nota da proba mixta e das sesións maxistrais.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.

Os/as estudantes que non acaden a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.

Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado, e de 2,5 sobre 5 na proba mixta.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes