Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Administración de Bases de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A nota máxima daprobas e exercicios será de 4 puntos sobre o total de 10 da asignatura.
Realizarase unha avaliación continua polo que a nota das probas deste apartado contabiliza tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Non se repetirán estas probas para a segunda oportunidade.
40
Proba mixta A nota máxima será de 4 puntos sobre o total de 10 da asignatura.
A proba consiste nun exame que poderá tratar tanto sobre os conceptos teóricos como sobre a asimilación práctica da asignatura.
Para superar a asignatura debe obterse polo menos 1,2 puntos dos 4 posibles. De non ser así, a nota total da asignatura non superará os 4,5 puntos.
Esta proba mixta será a única que se repetirá na segunda oportunidade.
40
Traballos tutelados A nota máxima dos traballos será de 2 puntos.
Forman parte da avaliación continua, polo que a nota deles contabiliza para as dúas oportunidades. Non se repetirán para a segunda oportunidade.
20
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non se presente á proba mixta.



DISPENSA ACADÉMICA
Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica
que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes
para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio,
por exemplo mediante a realización dunha proba escrita na primeira
oportunidade ou a entrega de traballos pola súa conta.



OPORTUNIDADE ADIANTADA
A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes