Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación de Sistemas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán prácticas no laboratorio para a aprendizaxe da programación de dispositivos móbiles con Android.
Suscitaranse unha serie de prácticas seguindo un guión para que o alumno se familiarice cos conceptos e procedementos básicos da programación con Android.
Tamén se promoverá a ampliación e mellora das funcionalidades básicas de cada práctica proposta así como a discusión e a resolución de problemas.
As prácticas constan dunha parte presencial (que se entrega ao acabar) e outra non presencial que se entrega antes da seguinte clase de laboratorio. Os alumnos a tempo parcial poderían presentar todas as prácticas de forma non presencial.
Traballos tutelados Propoñeranse traballos (aplicacións) para que os alumnos profunden en temas tratados na asignatura e explorar novos coñecementos. Valorarase especialmente que a aplicación sexa funcional e robusta.
Cada traballo desenvolverase por un número reducido de alumnos (típicamente entre 2 e 4), polo que a coordinación e a metodoloxía de traballo é importante.
As ideas e problemas discutiranse fundamentalmente durante as horas de tutoría de grupos reducidos.
Tamén se pedirá un informe de seguimiento en cada fase de desenvolvemento.
Proba mixta Exame sobre os contidos da materia que combinará preguntas de teoría coa resolución de problemas.
Sesión maxistral Exposición didáctica dos contidos teóricos da asignatura empregando diapositivas e outros recursos TIC. Tamén se expoñerán en detalle a implementación de certas aplicacións básicas para que os alumnos póidanas implementar e testear durante as prácticas de laboratorio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes