Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Redes Móbiles e Sen Fíos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado do traballo do alumno nas sesión, a entrega das mesmas e unha proba obxetiva das prácticas realizadas, que será flexible ás necesidades do alumnado matriculado a tempo parcial.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
35
Solución de problemas A avaliación continuada do traballo do alumno realizarase tendo en conta a participación e a capacidade do alumno para a solución de problemas plantexados polo profesor nas clases de titorías en grupos reducidos.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
10
Proba mixta Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
30
Traballos tutelados Traballos propostos polo profesor nos que se valorarán os seguintes aspectos: a estrutura e contido da memoria, a claridade e redacción da mesma, a amplitude, corrección e orixinalidade das solucións propostas, e a adecuada resposta ás preguntas formuladas polo profesor. A entrega será flexible ás necesidades do alumnado matriculado a tempo parcial.

Avalianse as competencias específicas A17 e A38, as nucleares da UDC C2, C3, C4, C6, C7 e C8, e as transversais B1 e B3.
25
 
Observacións avaliación

Esixirase unha nota mínima de 1 punto sobre 3 na proba mixta final.

No caso de non acadar dita nota, a cualificación final do alumno vaise a calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nas prácticas a través de TIC, nos traballos tutelados e nas sesións de titorías en grupo coa avaliación continua do traballo do alumno.

Na segunda oportunidade avaliaranse soamente os contidos teóricos e de solución de problemas na proba mixta. A nota de prácticas, traballos tutelados e solución de problemas nas clases de titorías en grupo será a que
os estudantes acadaran na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes