Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Estructura de Computadores
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate cos estudantes. Todo elo coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais sobre gran parte dos contenidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada apartado. Estes contidos, centrados na competencia A15, están apoiados por bibliografía en castelán, pero maioritariamente en inglés, contribuíndo a consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores. Permitirán aos alumnos familiarizarse cos aspectos prácticos da materia. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación á competencia A15. O mesmo ocorre con C2 ao empregar alguna ferramenta con manuais dispoñibles só en inglés e basearse as prácticas nos conceptos apoiados pola bibliografía en inglés xa comentada. De xeito similar C4 é de aplicación xeral en todas as metodoloxías da asignatura.
Solución de problemas Clases nas que se resolverán un número dado de problemas que permitirá afianzar os conceptos plantexados nas clases maxistrais. Esta metodoloxía permite exercitar particularmente a competencia B3 e sobre todo a B1 en relación á competencia A15, así como indirectamente C2 en virtude da bibliografía xa comentada e C4 en función dos valores e actitudes transmitidos.
Proba obxectiva Actividade realizada para a avaliación do coñecemento e as capacidades adquiridas polos alumnos con esta materia. Consiste nunha proba escrita con preguntas para a avaliación individual obxectiva de cada alumno. A proba fará particular énfase nas competencias A15, B1 e B3, e indirectamente C2 por mor da bibliografía, e C4 en función dos valores e actitudes transmitidos.
Traballos tutelados Os alumnos desenvolverán un traballo sobre un aspecto da materia recabando información en fontes diversas e elaborando un documento resumido. O traballo requerirá o uso de fontes en inglés, permitindo exercitar e avaliar a competencia C2. A súa temática desenvolverá as competencias B3, C6, C7 e C8 no campo de coñecemento da compentencia A15, permitindo avalialas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes